Proxectos á carta
Limiar teatro e Teatro del Hereje acumulamos unha ampla traxectoria en proxectos especiais ligados a diferentes campos como a historia, a gastronomía, o patrimonio, as novas tecnoloxías, o traballo comunitario ou a ciencia a través do teatro e as artes escénicas, achegando estas disciplinas ao público.
Nos últimos anos temos colaborado en proxectos de institucións públicas como a Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas, Ayuntamiento de Medina de Rioseco, Ayuntamiento de Medina del Campo, FECYT, CSIC ou en proxectos europeos mediante a creación de espectáculos, intervencións en galas ou proxectos deseñados a medida.
Artes escénicas e patrimonio
As intervencións en patrimonio comprenden dende propostas en patrimonio material como visitas teatralizadas (Castelo de Soutomaior) ou espectáculos adaptados a espazos singulares (Castelo de Niebla, Biblioteca do Palacio de Galveias de Lisboa ou Fervenza de Barosa) ata traballos ligados ao patrimonio inmaterial e a recollida deste. (A lingua na boca ou A lingua de Contrabando).
Vídeo:
Fotos:
Catarata de Barosa, Biblioteca de Lisboa, Castillo de Soutomaior.Artes escénicas e comunidade
O traballo coa comunidade céntrase especialmente en xerar propostas escénicas multidisciplinares nas que a través dun fío temático aglutinador se promova a participación da poboación local. Trátase de propostas de gran formato nas que participan centos de persoas e que ao tempo serven para valorizar espazos patrimoniais e xerar arraigo. Algúns exemplos poden ser a Subida ao Castro (Comesaña – Vigo), Mateo 16,18 (Medina de Rio Seco) ou Teresa e In Vino Veritas (Medina del Campo).
Vídeo:
Fotos:
Mateo 16,18, Subida al Castro, Teresa e In Vino VeritasGalas
Dentro dos proxectos a medida aparecen as galas, presentacións e accións personalizadas como as realizadas para Turismo Rías Baixas, Concello de Rianxo, Deputación de Pontevedra ou CSIC coa presentación da campaña de turismo 2018, a inauguración do castelo de Soutomaior ou a dirección artística da gala de entrega de Premios Inspiraciencia.
Vídeo:
Fotos:
Fair Way (Diputación de Pontevedra), Inauguración del Castillo de Soutomaior (Turismo Rías Baixas) e Inspiraciencia (CSIC)TEATRO 8D para persoas con cegueira
O 8D ou tamén chamado estéreo binaural é un tipo de son estéreo que tenta recrear unha sensación de “son en 3D”, similar ao de estar fisicamente dentro do espazo, no que se está a producir os sons. Diferenciase do son estéreo en que este reproduce o son nun rango de esquerda a dereita e en profundidade. Chámase 8D de oito direccións, que son o número de direccións que podemos percibir os sons nun espazo determinado. No espazo sonoro podemos apreciar: diante e detrás, arriba e abaixo, a esquerda e a dereita, no centro, mais lonxe ou mais preto, enriba ou debaixo de nós… as posibilidades son case infinitas con este sistema.