TEATRO 8D
Para percibir correctamente estas pezas os oíntes só terán que dispor duns audiófonos.
Sinopse
TEATRO EN 8D é un proxecto de teatro auditivo co sistema de son binaural. O proxecto nace co fin de achegar o teatro as persoas con cegueira. Unha forma diferente de achegar o teatro a través dos ouvidos.
O 8D ou tamén chamado estéreo binaural é un tipo de son estéreo que tenta recrear unha sensación de “son en 3D”, similar ao de estar fisicamente dentro do espazo, no que se está a producir os sons Diferenciase do son estéreo en que este reproduce o son nun rango de esquerda a dereita e en profundidade Chámase 8 D de oito direccións, que son o número de direccións que podemos percibir os sons nun espazo determinado No espazo sonoro podemos apreciar diante e detrás, arriba e abaixo, a esquerda e a dereita, o centro, mais lonxe ou máis preto, enriba de nós ou debaixo de nós as posibilidades son case infinitas con este sistema.
O interesante deste proxecto é poder “ver cos ouvidos” as diferentes pezas adaptadas a este sistema en 8D. Notar como as personaxes achéganse a nos, afástanse nos falan ao ouvido dereito as posibilidades son tantas e tan diversas que farán que as pezas estean o mais próximas ao efecto 3D, no caso das imaxes.
A MÚSICA NON AMANSA ÁS BESTAS VERSIÓN en 8D para persoas con cegueira
“A música non pode parar unha bala, pero si deter a man de quen preme o gatillo”
Equipo
- Dirección: Brais Iriarte
- Dramaturxia e dirección: Brais Iriarte
- E.S.P: Jose Manuel Núñez
- Produción sonora: Brais Iriarte
- Son de créditos e proba de cascos: Lucía Sánchez
Obra realizada ao abeiro do fondo de proxectos culturais Xacobeo21 da Xunta de Galicia.
Datos básicos
- Idiomas: Galego.
- Duración estimada: 30 min. 56 seg.
- Idade recomendada: maiores de 12 anos.
- Requisitos: Uso de auriculares
- Recomendacións paras persoas videntes: Pechar os ollos durante a reprodución.