DON QUIXOTE
“Recomendamos esta representación dado o éxito que tivo entre o alumnado e a novidade na forma de facer que coñezan o Quixote.”
IES Jaroso. Cuevas del Almanzora (Almería)
Sinopse
*Mais de 120 funcións en España, Francia, Brasil e Portugal
**Espectáculo seleccionado na Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) e na Red de Teatros de Castilla – La Mancha
Don Quixote é unha comedia gastronómica que mestura narración oral, manipulación de obxectos e cociña en directo para dar lugar a esta exitosa versión gastronómica da obra de Cervantes.
Alonso, cociñeiro, comeza a preparar unha demostración culinaria sobre as bondades da dieta mediterránea. O prato escollido é o “Potaxe de vixilia” O mesmo que lle ofreceron a Don Quixote na súa primeira saída antes de ser armado cabaleiro andante. Alonso converterase en Quixote mentres prepara ese saboroso prato. Un xogo teatral e gastronómico no que o humor e tolemia de Don Quixote encarnaranse no corpo de Alonso dando lugar a un espectáculo áxil, saboroso e nutritivo. Alguén quedará sen probar vos garavanzos?.
Un espectáculo para todos os públicos no que durante o proceso de creación xeráronse máis de 3 horas de materiais dos cales se seleccionan 50 minutos segundo as idades dos espectadores. A proposta pode adaptarse a campañas escolares segundo os intereses do profesorado e alumnado de primaria e secundaria podendo poñerse o acento en diferentes pasaxes da obra de Cervantes ou na dieta mediterránea con contidos supervisados pola Fundación Dieta Mediterránea. Quixote é un espectáculo ideal para gozar en familia nenos e maiores a través da gastronomía e a literatura.
Totalmente adaptable a espazos non convencionais. Un gran espectáculo e unha gran historia en formato de peto.
Video
Equipo
- En escena: Fran Núñez
- Mestre Cociñeiro: Jose Manuel Hernández
- Dirección: Nuria Gullón
- Dramaturxia: Sergio Macias
- Textos: Cervantes e outros autores
- Adaptación dramatúrxica: Fran Núñez
- Colaboración escénica: Manuel Polo
- Espazo: Fran Núñez e Pablo Iriarte
- Iluminación: Fran Núñez
- E.S.P: Jose Manuel Núñez
- Produción executiva e idea orixinal: Fran Núñez
- Produción: Cris Alonso e Candi Álvarez
- Produción Francia: Enora Trebern
- Produción Brasil: Karol Nurza
- Distribución: Carlos Matínez Carbonell
“Una función irrepetible, tan secilla como llena de encanto”
“Recomendamos esta representación dado o éxito que tivo entre o alumnado e a novidade na forma de facer que coñezan o Quixote”
“Pareceume entretido, divertido e gracioso. Sorprendinme ao ver algo diferente. O potaxe riquísimo”
“Un espectáculo totalmente diferente,bien llevado, que nunca decae..50 minutos quebien pasan voando”
“Estivo ben xa que ia contando a historia do Quixote e a vez a ia representando con todos os ingredientes”.
“Mistura a cicoña co humor e as participacións dos mozos do público. Gustoume moito e paseino xenial, ata chorei de risa”
“Destacar a idoneidade dos contenidos do espectáculo. Permitome recomendar a outros centros ampliamente a Limiar Teatro”
“A verdade é que me gustou moito xa que non é unha aburrida obra de teatro como esperaba.”