Limiar

IIILimiar teatro

Proxectos Escénicos e culturais

Limiar teatro somos unha compañía galega creada en 2009 con 7 espectáculos producidos e máis de 300 representacións en España, Francia, Portugal e Brasil dende entón.

 

Limiar é o límite, a fronteira e por iso a compañía movémonos nas fronteiras artísticas, xeográficas e persoais.

 

Pesquisamos no limiar das artes integrando diferentes disciplinas como teatro, danza, música, teatro de obxectos, cociña ou artes plásticas.

 

Quebramos fronteiras xeográficas con coproducións e xiras fora de Galicia que nos levaron a estrear 6 das 7 producións fora do noso territorio e a integración nos equipos de profesionais de España, Francia, Rusia, Brasil e Portugal.

 

Afondamos na relación entre as persoas creado proxectos comunitarios especiais creados en espazos singulares en colaboración con Teatro del Hereje nos que interpretes profesionais comparten escenario con agrupacións locais poñendo en valor o patrimonio arquitectónico e inmaterial das localidades.