Sinopse

IIILimiar teatro

Proxectos Escénicos e culturais

Dossier

"Une danza, teatro e música nunha posta en escena extremadamente contemporánea. O talento dos atores engrandece a montaxe"

 

Mateus Araujo

Diario de Noticias (Recife)

 

 

"Musical contemporáneo onde os haxa. Parodia crítica e hilarante(...) cunha factura exterior impecable, unha forza visual calmada e estimulante"

Roi Vidal

RGT Crítica

PANGEIA Sinopse

*Premio Suso Díaz XX Miteu Ourense / Seleccionado na Bienal de Culturas Lusófonas 2015

 

PANGEIA creado pola compañía galega Limiar Teatro coa brasileira Acaso Danza, o Centro Dramático Galego, a Asociación de Produtores de Artes Escénicas de Pernambuco APACEPE, o Festival Janeiro de Grandes Espectáculos de Recife e o Centro Cultural Malaposta de Odivelas AM-Lisboa.

 

PANGEIA é un punto de encontro. Un espectáculo onde conflúen por un instante e antes de continuar o seu camiño, sete intérpretes (música, teatro e danza) de distintas nacionalidades. Un elenco que variará a cada xira con artistas que entren e artistas que saian, nese ir e vir crecendo con encontros e despedidas como a deriva continental que deu lugar a Pangeia.

 

PANGEIA é unha proposta de creación que nace nun momento persoal de grandes cambios e na reflexión sobre o noso momento histórico: O cambio climático e unha nova gran crise económica e social que se traduce nunha división pronunciada de clases, en grandes éxodos e nunha paulatina redución de dereitos e liberdades que os gobernos compran a cambio de seguridade. A medieval cultura do medo.

 

PANGEIA é onde coincide o fin deste tres camiños: O gran ciclo da Terra, o da sociedade e o máis curto do ser humano. PANGEIA é onde se produce o irreversible, doloroso e á vez pracenteiro cambio de ciclo... PANGEA é parir e PANGEIA é dar a luz. É dor, é alegría.

 

PANGEIA é o fin do noso ciclo persoal. É o último berro a través do teatro,a comedia, a danza, a música, a cociña.. antes de volver nacer, a gozar e a tropezar na mesma pedra.

 

PANGEIA é un encontro que, como a terra que pisamos, nunca será dúas veces igual.

 

**Espectáculo adaptable a espazos singulares (patios, igrexas, prazas...) coaas necesidades técnicas específicas para cada proposta.