Sinopse

IIILimiar teatro

Proxectos Escénicos e culturais

Dossier

Un espectáculo para todos aqueles que desexen abordar este tema dunha maneira lúdica e a través de mensaxes positivas acompañados dos seus fillos, alumnos ou pupilos menores. *Especialmente deseñado para alumnado de 2º e 3ª ciclo de primaria.

 

O CONTO DA AZUZAINA Sinopse

“O conto da Azuzaina” é un espectáculo do que emerxe a certeza de que non existen as fórmulas para a normalidade, nin pautas fixas para marca-lo compás da harmonía familiar.

Un espectáculo no que Jose Carlos, Herminio e Fran experimentan a diversidade, sorprenden á tristeza con números de circo e crean melodías de superación.

 

O conto da azuzaina é un espectáculo familiar que integra música en directo, malabares e manipulación de obxectos para tratar a temática da diversidade familiar dende una perspectiva lúdica e festiva partindo da seguinte pregunta.

 

Que é una familia normal? A túa.

 

Na imprenta da Azuzaina chega un encargo urxente: o libro das familias. Os operarios Terán que dar o mellor de sí e usar as máis aloucadas e divertidas estratexias para completar o traballo a tempo.

 

Un marabilloso xoguete escénico sobre as familias para disfrutar en familia.