Sinopse

DON QUIXOTE Sinopse

Dossier

"Destacar a idoneidade dos contenidos do espectáculo. Permitome recomendar a outros centros ampliamente a Limiar Teatro"

 

Amalia Fernández.

Xefa do Depatamento de Lengua Castellana y Literatura do IES de Cangas del Narcea.

 

 

"Recomendamos esta representación dado o éxito que tivo entre o alumnado e a novidade na forma de facer que coñezan o Quixote."

IES Jaroso

Cuevas del Almanzora (Almería)

 

*Mais de 120 funcións en España, Francia, Brasil e Portugal

**Espectáculo seleccionado na Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) e na Red de Teatros de Castilla - La Mancha

 

Don Quixote é unha comedia gastronómica que mestura narración oral, manipulación de obxectos e cociña en directo para dar lugar a esta exitosa versión gastronómica da obra de Cervantes.

 

Alonso, cociñeiro, comeza a preparar unha demostración culinaria sobre as bondades da dieta mediterránea. O prato escollido é o "Potaxe de vixilia" O mesmo que lle ofreceron a Don Quixote na súa primeira saída antes de ser armado cabaleiro andante. Alonso converterase en Quixote mentres prepara ese saboroso prato. Un xogo teatral e gastronómico no que o humor e tolemia de Don Quixote encarnaranse no corpo de Alonso dando lugar a un espectáculo áxil, saboroso e nutritivo. Alguén quedará sen probar vos garavanzos?.

 

Un espectáculo para todos os públicos no que durante o proceso de creación xeráronse máis de 3 horas de materiais dos cales se seleccionan 50 minutos segundo as idades dos espectadores. A proposta pode adaptarse a campañas escolares segundo os intereses do profesorado e alumnado de primaria e secundaria podendo poñerse o acento en diferentes pasaxes da obra de Cervantes ou na dieta mediterránea con contidos supervisados pola Fundación Dieta Mediterránea. Quixote é un espectáculo ideal para gozar en familia nenos e maiores a través da gastronomía e a literatura.

 

Totalmente adaptable a espazos non convencionais. Un gran espectáculo e unha gran historia en formato de peto.