Limiar teatro

Somos unha compañía galega creada en 2009 con nove espectáculos producidos, numerosos proxectos escénicos creados “á carta”, e máis de 400 representacións en España, Francia, Portugal, Arxentina, Uruguai e Brasil.

A compañíaEspectáculos

Artes escénicas

Pesquisamos no limiar das artes integrando diferentes disciplinas como teatro, danza, música, teatro de obxectos, cociña ou artes plásticas

Fronteira

Rompemos as fronteiras xeográficas con coproducións e paseos fóra de Galicia, convivindo con equipos de profesionais de diferentes nacionalidades

Espazos singulares

Aprofundimos a relación entre as persoas creando proxectos comunitarios especiais destinados a espazos únicos que orixinan unha experiencia única